Situación das mulleres no século XIX

O programa Donas de si invítanos a tratar as bases para a emancipación das mulleres, dende finais do século XIX, partindo da figura de EMILIA PARDO BAZÁN.
Nas clase de Ciencias Socias, durante este trimestre, traballamos o contexto socio político do século XIX, afondando na situación da muller nesta época, no contexto internacional, nacional e galego, ca axuda dunhas fichas elaboradas para o caso.ficha A muller no AR 2

Que imos facer en 365 días de respecto e igualdade?

O programa “Por 365 días de respecto e igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito educativo”, ten como obxectivo principal proporcionar ás mozas e mozos galegos, dende a escola, formación e ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, o que permitirá traballar na eliminación de estereotipos sexistas e de falsas crenzas.

O noso traballo, consistirá na elaboración, coas aportacións de todo o alumnado implicado no proxecto, dun calendario, onde se elexirán datas nas que se traballarán e realizarán actividades, dándolle sempre un enfoque de xénero.

Coas actividades pretendemos reflexionar sobre as diferentes manifestacións da violencia de xénero, cales son as causas, e a importancia da prevención e as relacións sanas.

Tamén, seguindo coa nosa labor iniciada o curso pasado e dado que se unen alumnos de 1º da ESO traballaremos na eliminación de estereotipos sexistas, asignacin de roles e a situación social da muller.

 

Coñece o noso proxecto!

17276676-notebook-3d-y-un-lapiz-3d-render

Este curso imos traballar nas titorías da ESO a COEDUCACIÓN, tanto desde o punto de vista do consumo como das relacións sanas.

Seguimos así a liña de traballo que vimos desenvolvendo como centro de ensino da redPEA-UNESCO pero sumándonos agora ó plan PROXECTA da Xunta.

Pretendemos traballar de forma colaborativa, alumnado e profesorado, en prol dunha educación igualitario, non sexista e co obxectivo último de previr a violencia de xénero en idades temperás.

DOCUMENTO_PROXECTO