En busca da igualdade

Os rapaces de 3º ESO B pensaron deseños de camiseta para participar no concurso “En busca da igualdade”, organizado polo Parlamento de Galicia. O deseño elixido para representar ó grupo no concurso foi o seguinte:

ganador_en_busca_igualdade

Pero fixeron outras cousas ben chulas, que podes ver premendo na imaxe de abaixo:

concurso_igualdade-4

Día Internacional da Muller

O día 8 de marzo conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Ano tras ano, miles de mulleres saen á rúa en todo o mundo para demandar novos dereitos, defender os xa conquistados e loitar contra aquelas leis que as discriminen ou rexeiten o principio de igualdade de sexos e de oportunidades.

En numerosos lugares do mundo as mulleres seguen demandando dereitos básicos como acceder á educación, a cultura, o traballo ou a política.

As mulleres expresan así, neste día a súa vontade de participar en condiciones de igualdade en sectores nos que tradicionalmente a súa participación foi minoritaria.

Deixámosvos unhas imaxes para a reflexión:

Tags: Dia internacional de la mujer , reflexión

Día Europeo pola Igualdade Salarial

O 18 de novembro de 2008 o Parlamento Europeo designou o 22 de febreiro Día Europeo pola Igualdade Salarial entre mulleres e homes.

Día-por-la-igualdad-salarial

Por qué se elexiu o 22 de febreiro para a esta conmemoración?

Para que o salario medio dunha muller en Europa, sexa igual ao que un home recibe durante un ano, a muller debe traballar 418 días.

Este número de xornadas laborais excede en 53 días os 365 días do ano natural, de maneira que a muller tería que traballar ata o 22 de febreiro do ano seguinte para acadar o salario dun home.

É por isto que se tomou esta data como día para a reinvindicación da equiparación salarial entre mulleres e homes.

 

 

Día da Paz no Pedra da Auga

Desde o Pedra da Auga, seguimos dando a coñecer a labor de grandes mulleres, desta volta, centrándonos na figura da activista Caddy Adzuba, que desenvolve a súa labor nun país en conflicto.
O alumnado de 4º de ESO preparou unha exposición sobre o tema e houbo unha proxección dun documental sobre Caddy Adzuba o Día da Paz. Preme na imaxe que segue para ver máis fotos:
caddy