Xincana “Donas de si”

Chegamos ao remate do noso proxecto de investigación vinculado ao Plan Proxecta de innovación educativa da Xunta de Galicia e o alumnado e profesorado de 4º ESO queremos facervos participes del, invitándoos a visitar a EXPOSICIÓN física (nos corredores do centro) e a virtual (nas presentacións que temos colgadas na web e no blog) e a participar na XINCANA que elaboramos.

Partindo de que a visibilidade da muller na nosa sociedade e insuficiente pretendemos dar a coñecer e valorar A PEGADA DA MULLER no noso pasado, en todas as esferas, pública e privada, aportando REFERENTES FEMININOS que equilibren os masculinos. E o facemos tomando como referente a unha pioneira na loita pola emancipación das mulleres, a galega EMILIA PARDO BAZÁN.

Preme na imaxe para acceder á información:

PORTADA PROXECTO DONAS DE SI

Deixa a túa opinión